miércoles, 28 de noviembre de 2018

28/10


as veces son a auga fría na cara
quero limparme pouquiño a pouco todo este desastre
quero estar por enriba de este poema
cóllome da man e lévome á porta da escola
intento convencerme de que todo iso que pasou
non vai pasar
entre as sábanas sécome as bágoas
intento convencerme de que todo iso que pasou
ao final vaise pasar
espérome na porta tras unha cita
intento convencerme de que todo o que non creo que vaia pasar
ao final
pasou
pero nunca me escoito
e cando todo remata
o eco quédase moi dentro da miña cabeza

No hay comentarios:

Publicar un comentario